Carta do Presidente

ENo nome de ANELE, doulle a máis cordial benvida á nosa páxina web que esperamos contribúa a ampliar o seu coñecemento sobre a nosa Asociación. ANELE é a Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensinanza, e ten como fins a representación, a xestión, o logro e a defensa dos intereses comúns dos seus membros.

Desde ANELE colaboramos estreitamente coa administración central e coas administracións autonómicas para contribuír á mellora da calidade da Educación mediante o fomento da lectura, a investigación e a innovación tecnolóxica e os novos recursos didácticos que desenvolven os decretos de Ensinanza.

Invítoo a que se interne no contido desta páxina e a que coñeza mellor quen somos e que facemos.

Sexa benvido á nosa web!

José Moyano.