Estatutos

A Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensinanza, ANELE, constituíuse formalmente o día 1 de marzo do ano 1978, ao abeiro da Lei de Asociacións, mediante o depósito dos seus Estatutos na Oficina ad hoc creada por esta Lei.

Estes Estatutos mantéñense en vigor desde aquela, con dúas modificacións parciais aprobadas pola Asemblea Xeral nos anos 1985 e 1987, e que só afectaron aos Artigos 18, 25 e 26 e ao parágrafo 3.º das Normas Electorais, todos eles referidos á composición da Xunta Directiva e á Presidencia da Asociación.

A edición que aquí se presenta, recolle, como é natural, os Estatutos e as normas electorais vixentes, é dicir, tal como quedaron tras a reforma de 1987.

In order to view this page you need Flash Player 9+ support!


Get Adobe Flash player