Skip to main content

A Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensinanza (ANELE) desenvolve a súa actividade en réxime de autonomía con carácter nacional, no marco da lexislación vixente, por tempo indefinido, cuns fins que son a representación, a xestión, o logro e a defensa dos intereses comúns dos seus membros de acordo cos seus Estatutos.

  • Así, asume a representación colectiva dos seus membros ante as Administracións Públicas, especialmente as Educativas, tanto no ámbito da Administración Central do Estado coma no de todas e cada unha das comunidades autónomas que asumiron competencias plenas en materia educativa.
  • Igualmente asume a representación colectiva dos seus membros ante as Asociacións Profesionais de Editores, tanto de ámbito nacional coma internacional, e ante as asociacións profesionais da industria e do comercio do libro. ANELE é membro fundador da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE)..
  • A actividade principal, non obstante, céntrase na coordinación e colaboración coas Administracións Educativas, de ámbito estatal e comunitario, para o desenvolvemento e a aplicación das Ensinanzas de Réxime Xeral, establecidas na Lei Orgánica de Educación (LOE) e os seus correspondentes desenvolvementos curriculares na edición dos libros de texto e doutros materiais curriculares, para o seu uso nos centros docentes non-universitarios de España e destinados aos alumnos e ás alumnas das distintas etapas educativas (Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional).

Selecciona idioma:

@ 2020. ANELE - Asociación Nacional de Editores de Libros y Material de Enseñanza. C/Santiago Rusiñol, 8, 28040 Madrid. tel.: 91 533 44 67 / 91 534 10 23 | fax. 91 534 10 23

ANELE
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.